top of page

A Xunta colabora coa XII Concentración Moteira de Monterroso, que se desenvolverá o 6 e 7 de setembro

O motoclube Ó Corte apostou este ano por recuperar unha cita que non celebran dende o ano 2017


Laura Moure/Monterroso

A Xunta colabora coa XII Concentración Moteira de Monterroso, que se desenvolverá os vindeiros días 6 e 7 de setembro. O motoclube Ó Corte apostou este ano por recuperar unha cita que non celebran dende o ano 2017. O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, presentou onte os detalles da concentración xunto ao alcalde de Monterroso, Eloy Pérez; e Tomás Leiro e Brais Ferreiro, en representación do motoclube organizador.

ree

O evento está aberto a todos os públicos e as inscricións poderanse realizar o propio sábado dende as 16.00 horas. Os participantes contarán cunha zona de acampada gratuíta no pavillón deportivo.


A programación comezará ás 17:00 horas coa celebración de xogos moteiros, aos que seguirán exhibicións acrobáticas a cargo de Paulo Martinho e unha cea coa actuación musical de DJ Bais 7.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Xa o domingo, ás 10:30 horas, os moteiros e moteiras farán unha ruta turística por Monterroso e a súa contorna. Ao remate haberá unha sesión vermú amenizada novamente por DJ Bais 7, xantar, sorteos de regalos e entrega de trofeos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Javier Arias felicitou ao Motoclube Ó Corte polo seu esforzo para recuperar un evento, “que xa no seu día era un referente para os afeccionados ao mundo das motos” e por deseñar ademais “un programa completo que atraerá a Monterroso a numerosos participantes e visitantes, o que suporá un importante impulso para a economía local e para a promoción turística tanto do concello como de toda a comarca da Ulloa”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page