top of page

A Xunta colabora co Concello de Monterroso para mellorar o acceso ao núcleo de Sandolfe

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego achegou financiamento para executar a obra, que tivo un orzamento de 24.100 euros


Laura Moure/Monterroso

A Xunta colabora co Concello de Monterroso para mellorar a vía de acceso ao núcleo de Sandolfe. O Goberno galego achegou financiamento para executar a obra, que tivo un orzamento de 24.100 euros. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou este luns o resultado dos traballos xunto co alcalde de Monterroso, Eloy Pérez.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A intervención centrouse en dotar o camiño dunha nova capa de rodaxe adecuada ao seu uso, corrixindo os problemas que presentaba o firme e mellorando a seguridade e a comodidade para os usuarios.

Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Arias sinalou que a Xunta traballa de forma conxunta cos concellos para mellorar infraestruturas e servizos municipais. Neste caso, os traballos financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental do 2024, que conta con máis de 11 millóns de euros de orzamento.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page