A Xunta celebrou o sábado a edición de xullo de ‘Artesanía de Galicia en Merza’
- Laura Moure

- 13 jul
- 1 min de lectura
Trátase dunha serie de feiras de carácter mensual que se celebran no obradoiro Eferro
Laura Moure/Vila de Cruces
A Xunta continúa a impulsar a comercialización do produto artesán galego a través da iniciativa Artesanía de Galicia en Merza, unha serie de feiras de carácter mensual que se están a celebrar desde o pasado abril en colaboración co obradoiro Eferro, no seu espazo de actividades culturais e lúdicas en Merza (Vila de Cruces) denominado eferroGhalpón.

Na edición deste mes de xullo, participan 10 obradoiros artesanais especializados nos ámbitos do vidro, da encadernación, da sombreirería, da bixutería, da cerámica, dos complementos de moda, do feltro e da xoiería.
PUBLICIDADE
En concreto, participan como expositores Elgoal (A Rúa), Julia Vilariño (Pontedeume), LatonQueen (Santiago de Compostela), Nobelo a Nobelo (Vedra), Otero Regal Cerámica (Viveiro), Pasamarela (A Coruña), Tokillama (Ferrol), Serendipia (Viana do Bolo) e os obradoiros de Ribeira Arlequina Diseño e Sofo. A feira está aberta de 11:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
PUBLICIDADE
No marco deste evento, realizouse un taller téxtil de macramé, Tecendo flores cos dedos, impartido pola artesá Ana Loredo, do obradoiro Nai Diseños (Vigo). A programación da feira completouse cunha sesión vermú do grupo Son Galaico ecun monólogo de Xosé Antonio Touriñán.








Comentarios