top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta cede ao concello de Arzúa a antiga Casa de Correos

Acollerá un centro sociocultural Xacobeo destinado a veciños e peregrinos


Laura Moure/Arzúa

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou hoxe co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, o contrato de cesión de uso da Casa de Correos e da Horta Anexa pola que o Goberno autonómico cede este inmoble ao concello para usos socioculturais para veciños e peregrinos. Dáse así cumprimento a unha antiga reivindicación do municipio de Arzúa para dinamizar o inmoble.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destaca a importancia desta cesión como un paso fundamental para o desenvolvemento cultural e social da vila. "Este acordo permitirá non só preservar un edificio histórico, senón tamén crear un espazo de encontro e enriquecemento para a nosa veciñanza e para os milleiros de persoas que nos visitan cada ano".


"O Concello de Arzúa vén demostrando un forte compromiso co benestar da súa veciñanza. Esta cesión engádese a unha serie de iniciativas lideradas polo goberno local para potenciar a cultura, o patrimonio e o turismo na zona. O traballo incansable do alcalde e do seu equipo reflicte o seu compromiso coa mellora continua da calidade de vida das arzuás e dos arzuáns", sinala o Concello.


Publicidade

En virtude deste acordo de cesión da antiga casa de correos, situada na rúa Dores número 3 e a súa horta anexa propiedade do Xacobeo, pasará a ser xestionada polo concello de Arzúa. O edificio linda coa  Capela da Madanela e o albergue de peregrinos do Xacobeo e a partir de agora poderá albergar actividades culturais xacobeas que poñan en valor patrimonio material e inmaterial galego e axuden a entender a realidade do Camiño de Santiago e a peregrinación. O edificio porase a disposición do Concello nas condicións axeitadas para a súa operatividade.


Publicidade

En virtude do acordo, o Concello asumirá os custos do mantemento e xestión ordinarias do inmoble, tamén se responsabilizará de contratar e costear a contratación do persoal necesario para mantemento e atención, entre outras actuacións. A cesión ten carácter gratuíto e realízase por un prazo de catro anos, que pode prorrogarse outros catro anos máis sempre que medie acordo expreso das partes.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page