top of page

A Xunta avanza na mellora rede de saneamento de Lalín cun tanque de tormentas e novos colectores

A actuación conta cun investimento de máis de 7 M€


Laura Moure/Lalín

A Xunta de Galicia avanza na mellora da rede de saneamento de Lalín e das condicións ambientais do río Pontiñas cun tanque de tormentas e novos colectores, que supuxeron un investimento de algo máis de 7 millóns de euros.

Segundo explicou onte a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou ás obras destas actuacións, na que estivo acompañada polo alcalde, Xosé Crespo, o tanque e os colectores permitirán aumentar o almacenamento na rede ante episodios de choiva e incrementarán a capacidade da estación depuradora de augas residuais (EDAR) existente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Máis polo miúdo, estas obras, que están próximas a finalizar, consistiron na construción dun tanque de tormentas, cun volume de retención de 5.000 m3, e de 1,2 quilómetros  de colectores interceptores de poliéster reforzado con fibra de vidro para canalizar os vertidos á nova instalación e o vertido de alivio ao Pontiñas. A maiores, segundo engadiu a conselleira, instalarase un parque infantil na cuberta do tanque co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da obra.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ángeles Vázquez lembrou que esta actuación está recollida como prioritaria no Plan director de saneamento de Lalín, que redactou Augas de Galicia, e enmárcase na aposta da Xunta por apoiar aos concellos nas súas responsabilidades municipais de abastecemento, saneamento e depuración.


A maiores, a conselleira subliñou que, para acadar os resultados establecidos nese Plan director, as obras do tanque de tormentas e dos colectores interceptores irán acompañadas doutras actuacións como o proxecto de construción dunha nova EDAR que poida xestionar o volume de auga residual retido durante os episodios de choiva.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page