top of page

A Xunta avanza na ampliación de 4 parques empresariais da provincia de Lugo, entres eles o palense

Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta de Galicia avanza nos proxectos de ampliación de catro parques empresarias da provincia de Lugo: O Corgo, Palas de Rei, Pontenova e Meira. Así vén de licitar a redacción dos proxectos de urbanización para a ampliación dos parques empresariais do Corgo e de Palas de Rei. No caso da Pontenova e Meira, a empresa pública Xestur adxudicou a redacción dos respectivos proxectos para ampliar a superficie das áreas industriais deses concellos.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

No caso de Palas de Rei, Xestur licitou o contrato de redacción do proxecto de urbanización da ampliación do parque empresarial por un importe de 64.507,52 euros. A terceira fase desta área industrial ocupará unha superficie de preto de 40.000 metros cadrados cun investimento previsto de preto de 1,5 millóns de euros. As dúas primeiras fases deste parque están completamente vendidas e ocupan unha superficie total de 73.790 m2.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page