A Xunta avalía o avance das obras do novo centro de día municipal de Toques, ao que destina 283.000 euros
- Laura Moure
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Toques
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde de Toques, José Ángel Penas, visitou onte os avances das obras do novo centro de día municipal. A Xunta de Galicia financia máis do 80% das actuacións, o que supón un investimento de máis de 283.000 euros.

Publicidade
Con estas obras, o concello poderá contar co novo centro de atención diúrna para maiores na parcela na que se situaba a antiga escola. Este novo recurso contará con 25 prazas e enmárcase no Plan de Investimentos da Xunta para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal. Ao abeiro deste Plan, dotado de 18,5 millóns de euros e acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Goberno galego financia unha vintena de proxectos.
Publicidade
Durante a visita, Perfecto Rodríguez destacou que este Plan supón un impulso histórico da Xunta á atención que reciben os maiores galegos, especialmente nas zonas rurais e que permitirá crear 650 novas prazas de atención residencial e diúrna para os maiores galegos.
Comments