top of page

A Xunta autoriza o acordo co Concello de Monterroso para a rehabilitación da área recreativa da Peneda

Suporá un investimento que rolda os 295.000 euros


Laura Moure/Monterroso

O Consello da Xunta acaba de autorizar o acordo de cooperación entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Monterroso para executar as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda, que suporán un investimento que rolda os 295.000 euros. A intervención obxecto deste convenio da Xunta enmárcase no coñecido Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, sendo neste caso o obxectivo mellorar as condicións de confort dos usuarios da área recreativa, así como as súas condicións de funcionalidade e integración paisaxística.

A área recreativa da Peneda. Autor:Ecos da Comarca.

O Goberno galego cofinanciará nun 70 % estas intervencións, achegando un investimento que supera os 206.000 euros, contratará e executará as obras. O Concello de Monterroso achegará o 30 % restante do custo das actuacións, algo máis de 88.000 euros; redactará o proxecto das obras, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.


As actuacións

Na actualidade a cafetaría da área recreativa da Peneda está en uso, pero non dispón de elementos exteriores de sombra e elementos prefabricados adecuados á contorna, tanto pola súa cor como polo seu deseño e material. Ademais, o acceso peonil atópase moi deteriorado, presentado desniveis e irregularidades que dificultan a accesibilidade, e a zona exterior de aparcadoiro tampouco está acondicionada. Coas obras previstas baixo o convenio autorizado hoxe, procederase á rehabilitación da cafetaría, en que se pretende mellorar a súa envolvente térmica e realizar pequenos axustes na distribución interior, modernizando as instalacións e os acabamentos. Así mesmo, está proxectada a instalación dunha pérgola e unha pequena construción de uso estacional no espazo anexo á edificación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

 Tamén se prevé a urbanización dos accesos peonís. Baixo este acordo autorizado hoxe polo Executivo autonómico, a Xunta de Galicia segue impulsando a continuada colaboración coas entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, a través doutras medidas e liñas de colaboración como este Plan Hurbe, o Goberno galego contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade como motores de dinamización, ao convertérense en puntos de localización dun importante número de servizos públicos e privados que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page