top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta autoriza a transferencia a prol da Deputación da Coruña dun vial local do concello do Pino

Trátase do que que conecta o final da estrada provincial DP-6603 coa estrada nacional N-547


Laura Moure/O Pino

O Consello da Xunta autorizou hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol da Deputación Provincial da Coruña da vía local do concello do Pino que conecta o final da estrada provincial DP-6603 coa estrada nacional N-547. O Concello do Pino solicitou á entidade provincial a aceptación da transmisión da vía municipal entre a estrada provincial DP-6603 e a estrada nacional N-547.


Publicidade

O Pleno da corporación provincial aceptou o cambio de titularidade proposto. Vistos os informes emitidos polos servizos competentes, a Axencia Galega de Infraestruturas formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito, de 2,891 quilómetros de lonxitude, que se corresponde coa prolongación da DP-6603, desde o límite entre os concellos de Touro e O Pino, ata conectar coa estrada estatal N547.


A transferencia a prol da Deputación Provincial da Coruña tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas. O departamento de Infraestruturas da Xunta ten, entre as súas funcións, a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades provinciais e locais.


Publicidade

Co cambio de titularidade, a entidade provincial terá a competencia para actuar neste treito e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento. O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Plano do treito da vía municipal obxecto do cambio de titularidade autorizado hoxe:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page