A Xunta autoriza a transferencia a Lalín do treito da PO-533, desde o inicio ata a glorieta coa Rolda Leste
Laura Moure/Lalín
O Consello da Xunta autorizou onte o proxecto de Decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Lalín do treito inicial de 257 metros de lonxitude da estrada PO-533, entre o punto quilométrico 0+000 e. 0+240, xunto co seu dominio público viario.
PUBLICIDADE
A transferencia deste treito a prol do Concello de Lalín tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas como competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.
O departamento de Infraestruturas da Xunta ten, entre as súas funcións, a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades provinciais e locais. Co cambio de titularidade, o Concello de Lalín ten a competencia para actuar neste treito da estrada autonómica e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
PUBLICIDADE
O decreto aprobado onte polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Plano do treito que se transfire:










Comentarios