Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Xunta asina con Boimorto o convenio para dotar de saneamento a Viladóniga, o Outeiro e o Pedral

A administración autonómica achegará o 80% do orzamento, 432.000 euros, e executará as obras, mentres o Concello contribuirá co 20% restante, 108.000


Laura Moure/Boimorto

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou este venres telematicamente coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, o convenio de colaboración para dotar de servizo de saneamento os núcleos de Viladóniga, O Outeiro e O Pedral, cun investimento de 540.000 euros.

O Consistorio de Boimorto.

Autor: Wikipedia.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, cofinanciará a actuación nun 80% coa achega de 432.000 euros. O Concello de Boimorto contribuirá ao financiamento do 20% restante, destinando 108.000 euros. Unha vez asinado este acordo, Augas de Galicia poderá licitar as obras, que teñen un prazo de execución de catro meses. As actuacións serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da Covid-19.

Pola súa banda, a entidade local tamén asume a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.


Actuacións

Na actualidade estes tres núcleos carecen dunha rede de saneamento de augas residuais. Trátase dunha zona rural con vivendas unifamiliares, na súa maioría dispersas. Na contorna tamén hai unha pequena explotación gandeira de vacún e un bar. As obras recollidas no convenio consisten na instalación dun sistema de saneamento composto por unha rede de colectores cos seus correspondentes pozos de rexistro e unha estación depuradora de augas residuais.

Executarase unha rede de colectores por gravidade sen bombeos intermedios e cun tramo en hinca para cruzar unha estrada autonómica. A rede rematará nunha depuradora de augas residuais que funcionará cun panel solar co que alimentar a instalación e un punto de luz. A rede de colectores executarase en tubaxe de PVC, de diámetro 250 mm, cos seus correspondentes pozos de rexistro. A lonxitude total da rede é de máis de 2,5 km, complementada con 75 unidades de pozo de rexistro. Con estas obras darase servizo a unha poboación de 99 habitantes para o ano horizonte 2044.


20 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE