top of page

A Xunta aproba obras de mellora da seguridade no Camiño Mozárabe ao seu paso por Lalín

No que vai de ano, máis de 5.000 peregrinos percorreron xa esta ruta xacobea, que medra a un ritmo do 4 %


Laura Moure/Lalín

O Consello da Xunta vén de aprobar obras de mellora na Vía da Prata, tamén coñecida como Camiño do Sueste ou Mozárabe. En concreto, as actuacións desenvolveranse na intersección deste itinerario coa N-525 no punto quilométrico 295+000 e suporán unha mellora da seguridade viaria dos peregrinos que percorren esta ruta xacobea. No que vai de ano, máis de 5.000 peregrinos percorreron xa o Camiño Mozárabe, que medra a un ritmo do 4 %.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O proxecto aprobado onte prevé a construción dunha ponte elevada sobre esta estrada nacional, por onde transita parte do itinerario, ao seu paso por Bendoiro. O obxectivo é garantir a seguridade das persoas que realizan esta ruta, ao eliminar o cruzamento a nivel entre o Camiño de Santiago e a N-525 nun treito cunha configuración viaria de alta complexidade. As características da estrada neste punto, con catro carrís de circulación, incluíndo un carril por sentido, un carril central de espera e cuñas de deceleración para o acceso ao vial local, fai que a opción máis segura sexa a través da ponte. Coa construción desta nova infraestrutura, deberase variar lixeiramente o itinerario do Mozárabe.


Actuacións para mellorar a seguridade do peregrino Desde a Xunta de Galicia estase a apostar pola mellora da seguridade viaria do Camiño de Santiago, cun investimento global de 43M€ no horizonte 2027 que inclúen un plan específico de mellora viaria e outras actuacións financiadas con fondos europeos Feder.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por un lado, Turismo de Galicia conta cun plan específico de mellora da seguridade viaria no Camiño de Santiago no que inviste 40M€ ao que se suman outras actuacións con fondos europeos por un importe de 3M€. Con este proxecto búscase incrementar a protección a camiñantes, así como a accesibilidade. Para isto, crearanse sendas peonís e eliminaranse cruzamentos en estradas, entre outras actuacións. A iniciativa enmárcase no propósito do Goberno galego de promover a experiencia da peregrinación, un dos obxectivos do Plan director dos Camiños de Santiago 2027.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page