top of page

A Xunta aposta pola mellora do saneamento de Melide coa incorporación de avances dixitais na súa estación depuradora

Actualizado: 16 dic 2024

Ángeles Vázquez explica que se implantará unha nova plataforma de monitorización en remoto e en tempo real para a recollida continua de datos de diferentes fontes relevantes


Laura Moure/Melide

A Xunta de Galicia aposta pola mellora do saneamento de Melide coa próxima incorporación de avances dixitais na estación depuradora de augas residuais (EDAR) do municipio. Tal e como explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou onte a estas instalacións, o Goberno galego vén de adxudicar, por preto de 10 millóns de euros, un contrato para os próximos cinco anos co que optimizar a xestión e o funcionamento das 28 estacións depuradoras de augas residuais urbanas (EDAR) que explota na comunidade, entre as que figura a desta localidade coruñesa.

ree

Este contrato inclúe a realización de traballos de control analítico sobre as augas tratadas, a elaboración de estudos e informes de seguimento inherentes á propia xestión das plantas e a aplicación de ferramentas tecnolóxicas que lle permitan seguir avanzando no proceso paulatino de dixitalización das instalacións hidráulicas.


Publicidade  

ree

Nese senso, a conselleira fixo fincapé en que, ao abeiro desta iniciativa, implantarase unha nova plataforma para monitorizar en remoto e en tempo real esta infraestrutura de saneamento, o que permitirá a recollida continua de datos de diferentes fontes relevantes para coñecer o estado dos procesos e as posibles desviacións mediante un elevado número de sinais dos sensores, dos equipamentos ou do control enerxético.


Segundo subliñou Ángeles Vázquez, esta actuación enmárcase no compromiso do Goberno galego de dar apoio técnico e financeiro aos concellos -administracións responsables da prestación dos servizos de saneamento e abastecemento- co fin de ofrecer unha alternativa de xestión autonómica dos servizos da auga.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así, no caso de Melide, cómpre lembrar que o Goberno galego tamén concedeu unha axuda de preto de 15.000 euros para auditar a rede de saneamento municipal, coñecer os problemas existentes e detectar e corrixir, de ser o caso, a entrada de augas brancas no sistema -augas limpas naturais que chegan por infiltración á rede e hai que depurar-.

Nesa liña, Ángeles Vázquez informou de que Augas de Galicia está a avaliar a análise municipal que lle remitiu recentemente o Concello de Melide para avanzar na identificación das ineficiencias do sistema de saneamento e a súa posible resolución.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page