top of page

A Xunta aposta en Melide pola formación orientada a reforzar o tecido comercial

Faino no marco da colaboración coa Federación Galega de Comercio


Ecos da Comarca/Melide

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, deu onte a benvida en Melide ás persoas participantes nunha nova sesión formativa no marco do programa Impulsa Comercio Galicia, unha iniciativa da Federación Galega de Comercio que conta co apoio do Goberno autonómico no marco do convenio de colaboración que busca avanzar na promoción comercial, asesoramento e formación e no impulso da dixitalización.

Así, este programa extraordinario de formación e asesoramento está dirixido ao sector comercial galego, co fin de reforzar as súas competencias profesionais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A sesión de onte celebrouse na sede da Asociación de empresarios Terra de Melide (Asetem) e estivo centrada en xestión e estratexia. Cómpre recordar que estas formacións se centran noutras tres grandes áreas, que son dixitalización, márketing e vendas e tendencias e sustentabilidade.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A maiores, cabe engadir que en paralelo ao programa Impulsa Comercio Galicia e tamén ao abeiro do devandito convenio, impártese aos profesionais do comercio formación sobre facturación electrónica co fin de que actualicen os seus coñecementos e contribuír a impulsar a competitividade do sector.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page