A actuación consistirá na substitución da cuberta, a mellora do sistema eléctrico, a iluminación interior e a instalación de fontanaría
Laura Moure/Dozón
O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, acompañou este xoves a Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade na visita ao CEIP Pío Cabanillas Gallas para anunciar un investimento de 313.000 euros para a substitución da cuberta, a mellora do sistema eléctrico, a iluminación interior e a instalación de fontanaría.
Adolfo Campos agradeceulle ao conselleiro que atendese con celeridade as peticións formuladas por primeira vez desde o Concello no mes de novembro do ano pasado e xa confirmadas posteriormente nunha visita en xaneiro, na que tamén estivera presente a directora do centro. Segundo explicou o conselleiro, as obras acometeranse nos meses do verán para evitar que interfiran no desenvolvemento das clases e para que estean rematadas ao comezo do novo curso. O rexedor local aproveitou tamén a ocasión para solicitar un esforzo adicional por parte da Consellería para afrontar tamén a substitución das fiestras.
Campos e Rodríguez durante a visita ao colexio de Dozón.
Comments