top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Xunta aporta preto de 34.000 euros para a renovación do parque infantil de O Souto no Pino


Natalia Prieto visitou hoxe o parque infantil de O Souto xunto ao alcalde do Pino.


Laura Moure/O Pino

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras de mellora levadas a cabo no parque infantil de O Souto, no concello do Pino, ás que o goberno galego aporta preto de 34.000 euros da Orde de Infraestruturas de uso público. Estivo acompañada polo alcalde do municipio, Manuel Taboada.


Segundo indicou a directora xeral, o Concello solicitou esta axuda co obxetivo prioritario de continuar prestando os debidos servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan as súas necesidades. O conxunto de actuacións teñen por obxeto a renovación dun parque infantil de preto de 300 metros cadrados; moi antigo, con elementos en mal estado e sen a pavimentación de seguridade adecuada. Ademais da instalación de nova equipación de xogos para os máis pequenos.


Durante a súa visita, Natalia Prieto, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, "que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas dos veciños, xa que gracias a estas axudas, os Concellos galegos llevan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fora pola colaboración entre Xunta e Concellos". Natalia Prieto incidiu na importancia da cooperación entre as administracións para axudar aos municipios a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía.


Concretamente, o Concello do Pino nos últimos 11 anos recibiu axudas de Vicepresidencia cun importe de máis de 300.000 euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais da adquisición de vehículo de emerxencias e melloras na casa consistorial.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page