top of page

A Xunta apoia o crecemento turístico do xeodestino Deza-Tabeirós con distintas accións

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Inviste uns 21.000 euros para a obtención das certificacións de calidade Sicted por aloxamentos rurais ou doutra índole e de establecementos con servizos turísticos


Laura Moure/Deza

A Xunta, a través da Axencia Turismo de Galicia, está a apoiar o crecemento turístico do Xeodestino Deza-Tabeirós coa implantación de sellos de calidade e co impulso das accións de promoción exterior dos oito concellos que conforman esta área turística. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou que esta vía de colaboración vén de artellarse a través dun convenio entre o Goberno galego e o Grupo de

Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Pontevedra Norte. Así, o representante autonómico detallou os detalles desta cooperación xunto ao presidente do GDR e alcalde de Lalín, José Crespo, nunha visita á Casa con Encanto O Refuxio de Merza, no concello de Vila de Cruces, que está a xestionar este sello de calidade.Tamén estivo presente, entre outros, o alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada.

En virtude deste convenio, Turismo de Galicia vai financiar as accións de obtención e

implantación de certificacións de calidade Sicted, cada vez máis demandadas polos clientes e diferenciais á hora de facer reservas, por parte de aloxamentos rurais ou doutra índole e de establecementos con servizos turísticos. “O Xeodestino Deza-Tabeirós é unha auténtica potencia e ostenta o liderado do turismo rural en Galicia e ademais benefíciase do forte incremento dos visitantes que apostan polo interior e as paisaxes de monte e natureza no marco da pandemia, unha circunstancia que chegou para quedarse, polo que esta consecución dos sellos de calidade é fundamental para seguir reforzando este destino como diferencial, neste ámbito, dentro de Galicia”, explicou o representante autonómico.


Ademais, o convenio tamén contempla accións de promoción exterior co deseño e impresión de material turístico informativo, a presenza en certames do sector, como é o caso de Turexpo, e incluso a difusión fóra de España da Feira do Cocido, que é a única festa gastronómica con categoría internacional de todo o Estado. Ao abeiro deste acordo,

está previsto que se invistan máis de 21.000 euros.


“O enorme traballo do sector turístico co apoio da Xunta está a permitir que Galicia sexa,

agora mesmo, o destino de moda en España e Europa, algo que se produce pola mistura

dos enormes atractivos que temos, a gran calidade dos servizos, a gastronomía, a

seguridade sanitaria e o Xacobeo 2021-2022, pero precisamos redobrar esta cooperación

para manter esta liña de éxito, que está a ser moi importante na reactivación no marco da

crise sanitaria”, concluíu Luis López.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page