top of page

A Xunta destina 85.000 euros a Vila de Cruces para mellorar o parque empresarial do Camballón

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Repararase o pavimento dunha das rúas, rematararase o treito pendente de beirarrúas e a canalización da rede de telecomunicacións, saneamento, auga e alumeado público


Laura Moure/Vila de Cruces

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe o apoio que a Xunta presta ao Concello de Vila de Cruces para a mellora de infraestruturas no polígono do Camballón, cunha axuda de 85.000 euros que vai mobilizar máis de 106.000 euros.


En total, a Administración autonómica vai investir este ano 5,5 millóns de euros en medio cento de concellos a través de dúas liñas de apoios que levan permitido apoiar 627 obras de mellora en polígonos desde 2009; e a implantación de 13 viveiros industriais nos últimos

cinco anos. Nesta convocatoria, a Xunta destina máis de 4,12 millóns de euros á mellora de

infraestruturas en 51 concellos galegos, dos que 38 son Concellos Emprendedores, como

é o caso de Vila de Cruces.


Trátase de diferentes actuacións para acondicionar a rede viaria, a xestión de residuos, os

sistemas de depuración de augas ou de seguridade, entre outros. Na provincia de Pontevedra, cun investimento de máis de 800.000 euros, apoiáronse 15 proxectos. E, por outra banda, entre os seis novos viveiros que se van financiar este ano cun investimento de

1,3 millóns de euros, cómpre salientar que un deles está tamén nesta provincia, no concello da Lama.


Segundo dixo o vicepresidente, estas axudas son un reflexo da aposta que a Xunta e os

Concellos Emprendedores como Vila de Cruces están a facer para atraer investimentos

ofrecendo ás empresas solo industrial a prezos competitivos e coas mellores condicións de servizo no marco da Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación

económica de Galicia. No caso concreto do polígono do Camballón, as obras previstas

contemplan a reparación do pavimento dunha das rúas do polígono, rematar o treito

pendente de beirarrúas e a canalización da rede de telecomunicacións, saneamento, auga

e alumeado público.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page