A Xunta apoia con 116.000 euros actividades de 36 ANPAS e dúas federacións de pais e nais lucenses
- ecosdacomarca

- 7 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Figuran tres colectivos da comarca da Ulloa
Ecos da Comarca/A Ulloa
A Xunta destina 116.200 euros a financiar actividades de fomento da igualdade dirixidas a escolares, organizadas por 36 Anpas e dúas federacións de nais e pais lucenses, entre elas tres da comarca da Ulloa.

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Política Social e Igualdade publica no DOG do venres 4 de xullo a resolución da orde de axudas a estes colectivos, co fin de que leven a cabo programas que tamén sensibilicen contra a violencia de xénero. As Anpas beneficiarias pertencen a 29 municipios de toda a provincia.
En canto ás accións planificadas, as propostas son variadas e abranguen dende escolas de familias ata programas lúdicos e educativos con videoxogos, música, baile, teatro ou radio. As TIC, as redes sociais e a formación afectivo-sexual tamén centran algúns dos proxectos, todos eles encamiñados a concienciar aos rapaces e rapazas sobre a igualdade.
Publicidade
A contía máxima das axudas é de 3.000 euros para as solicitudes presentadas de xeito individual e 6.000 para as asociadas, que se financian a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Publicidade
No conxunto de Galicia, estímase que a iniciativa chegará a uns 36.000 escolares que participarán nas actividades de promoción da igualdade e de prevención e rexeitamento da violencia de xénero organizadas a través deste programa.
Da Ulloa figuran:
Agrupación de nais e pais A Ulloa de Palas de Rei.
ANPA do CEIP de Monterroso
ANPA do Colexio Público Comarcal de Antas de Ulla
Todos os detalles no enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250704/AnuncioG0762-250625-0003_gl.html








Comentarios