top of page

A Xunta agradece a contribución do Curso de Verán de Igualdade da USC que se celebra en Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, advirte sobre as novas formas de violencia contra as mulleres e as nenas, como as violencias dixitais


Ecos da Comarca/Lalín

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, destacou este martes a contribución do Curso de Verán da USC na construción dunha Galicia máis feminista e máis diversa. Fíxoo durante a inauguración da edición número 19 destas xornadas que este ano levan por título Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: violencias – intelixencia artificial – ecofeminismo – coeducación e que un ano máis ten lugar en Lalín.

Na súa intervención, a directora xeral recoñeceu esta cita como un espazo referente a nivel galego e no resto de España, pero, sobre todo, un espazo máis que necesario para seguir avanzando no camiño da igualdade de xénero. Ademais, tamén quixo recoñecer e apoiar, en nome da Xunta de Galicia, a dedicación e o esforzo do equipo organizador, así como a capacidade de loita, persistencia e convicción de toda a comunidade de profesionais que traballan e dedican a súa vida a seguir abrindo portas enteiras pola igualdade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

María Quintiana advertiu, ademais, sobre as novas formas de violencia contra as mulleres e as nenas, como as violencias dixitais que se abordan este ano no curso. Neste sentido, referiuse a que os avances sociais poden converterse en aliados ou en inimigos e, neste caso, as novas tecnoloxías están creando novas formas de violencia contra as mulleres.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Así, destacou que a nova Lei de Igualdade de Galicia, aprobada o pasado mes de novembro, foi un importante paso para incorporar busca dar unha resposta transversal ao novo contexto social, cunha paso importante na a perspectiva de xénero en todos os eidos, tamén no dixital.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page