top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras das estradas PO-206 e PO-905 en Lalín e Cruces

O obxectivo é inicialas no mes de agosto e contan cun prazo de execución de 9 meses


Ecos da Comarca/Deza

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por 2.347.449 euros a execución das obras de reforzo do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces. Estas intervencións, adxudicadas á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U., consistirán na renovación do firme da calzada nalgúns dos treitos da PO-206, entre os puntos quilométricos 0 e 16+310; e na estrada PO-905 entre os quilómetros 0 e 4+500, mellorando as súas características actuais.

Foto de arquivo.

Os traballos obxecto deste contrato contan cun prazo de execución de 9 meses e a lonxitude total da actuación rolda os 21 quilómetros. O obxectivo da Xunta é iniciar as obras no vindeiro mes de agosto.


En concreto, as obras previstas na PO-206 abarcan o treito inicial da vía no treito de algo máis de 16,3 quilómetros no seu percorrido polo municipio de Lalín, ata o quilómetro 13+420. Neste punto comezan as intervencións no treito de preto de 3 quilómetros da estrada ao seu paso polo concello de Vila de Cruces.


No caso da intervención na PO-905, os traballos céntranse no tramo inicial desta estrada, de 4,5 quilómetros, que atravesa o concello de Vila de Cruces.


Publicidade

As obras consistirán na reparación do firme mediante fresado e reposición das zonas localizadas que se atopen deterioradas e a aplicación dunha nova capa de rodaxe ou microaglomerado nalgúns treitos nos que sexa preciso.


Como complemento a estes traballos, reporanse as marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito das actuacións na PO-206 e na PO-905 e procederase á colocación de elementos de balizamento e reposición de captafaros.


O departamento que dirixe María Martínez Allegue segue a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando este vindeiro ano 53 M€ á súa conservación.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page