top of page

A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras da mellora do firme en dúas estradas na Ulloa

O contrato asinarase nos vindeiros días, e previsiblemente, a execución das obras comezará a principios do mes de setembro


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Xunta vén de adxudicar por un investimento de máis de 1,1M€ as obras de mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso polos concellos de Monterroso, Taboada e Palas de Rei. O contrato, adxudicado á empresa Construcciones Leonardo Miguélez, S.L., asinarase nos vindeiros días, e previsiblemente, a execución das obras comezará a principios do mes de setembro.

A actuación, que terá un prazo de execución de seis meses, busca incrementar a comodidade e a seguridade viaria dos usuarios das estradas LU-212, que une Taboada e Monterroso, e a LU-221, que vai de Monterroso a Palas de Rei.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Deste xeito, as intervencións permitirán actuar e mellorar o firme naquelas zonas onde é necesario ao longo dos arredor de 20 km  de lonxitude que suman estas dúas vías da Xunta, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento.


Os  traballos nestas 2 estradas autonómicas que conforman o eixe de comunicación Taboada-Monterroso-Palas de Rei é reparar e renovar o firme nas zonas onde é preciso actuar para adecualo ás necesidades de durabilidade e funcionais das propias vías, co fin último de garantir a seguridade a comodidade nos desprazamentos dos veciños.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Repararanse posibles fisuras e cuarteos, renovando o firme nas zonas nas que este se atope máis deteriorado nestas dúas vías de titularidade autonómica que soportan un tráfico que se sitúa arredor dos 2.200 vehículos ao día.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page