A Xunta adxudica por 890.000 € a mellora do firme de 3 viais en Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro
Ecos da Comarca/Comarca da Arzúa
A Xunta adxudicou por 887.280 euros a execución das obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro.

As actuacións, adxudicadas á empresa Nemesio Ordoñez S.A., permitirán a rehabilitación do firme en varios treitos das estradas AC-207, AC-308 e AC-960, que discorren polos citados concellos da provincia da Coruña.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa coa previsión de comezar as obras na segunda quincena de abril, co fin de telas rematadas neste mesmo ano, xa que contan cun prazo de execución de seis meses.
Os traballos obxecto deste contrato consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal.
A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.