top of page
Perruquería Marisa.gif

A Xunta adxudica por 50.000€ a redacción do proxecto para urbanizar a ampliación do polígono palense

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Xestur, acaba de adxudicar o contrato para a redacción do proxecto de urbanización da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei.

O contrato, adxudicado por un importe de 50.771,6 euros, corresponde á fase 3 do polígono lucense, ocupará unha superficie total de 39.926 metros cadrados, dos cales 16.708 metros cadrados se reservarán a parcelas.

O investimento previsto para o desenvolvemento desta nova ampliación ascende a preto de 1,5 millóns de euros. Neste sentido, cómpre subliñar que o parque empresarial de Palas de Rei dispón xa de dúas fases urbanizadas, cunha superficie total de máis de 73.000 metros cadrados.

74 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page