A Xunta adxudica a obra de construción do Centro Integral de Saúde de Lalín por máis de 8,7 millóns
- ecosdacomarca
- 16 mar 2021
- 2 Min. de lectura
As actuacións arrancará en primavera e prevese a súa finalización antes que que acabe 2022
Laura Moure/Lalín
A Xunta acaba de adxudicar as obras de construción do Centro Integral de Saúde de Lalín por un importe de máis de 8,7 millóns de euros. Os traballos, cun prazo de execución de 18 meses, foron adxudicados á empresa Construcións Ramírez S.L.U. As obras comezarán na primavera e axilizaranse de forma que o novo equipamento estea ao servizo dos veciños de Lalín e da comarca do Deza antes de que finalice 2022 .
Os traballos consistirán na construción dunhas instalacións que reforzarán a atención aos veciños de Lalín, Rodeiro, Dozón e Agolada, ademais de prestar determinadas asistencias aos concellos de Silleda e Vila de Cruces, servindo a unha poboación de 35.000 persoas.

O futuro Centro Integral de Saúde de Lalín.
Máis de 5.700 metros cadrados
Construirase un edificio de máis de 5.700 metros cadrados, cunha superficie útil de máis de 4.900 metros cadrados, que se distribuirán en catro andares, dos cales tres se dedicarán ao centro de saúde e un ao momento de Atención Continuada (PAC). O novo equipamento sanitario dispoñerá de área asistencial, con 11 consultas de medicina, 11 de enfermería, unha consulta de farmacia, dúas consultas de odontoloxía, sala de técnicas, mostras e varias polivalentes; tamén área de especialidades, con catro consultas, dúas de enfermería e tres gabinetes de exploración; área pediátrica, con tres consultas, dúas de enfermería e un sala de atención integral; ademais de área de hospitalización a domicilio, atención á muller, rehabilitación, telemedicina, diagnóstico por imaxe ou hemodiálisis; e o punto de atención continuada (PAC), que dispoñerá de tres consultas, sala de críticos, sala de observación e cinco dormitorios.
A posta en marcha do Centro Integral de Saúde de Lalín permitirá ampliar o programa de cirurxía menor ambulatoria, activar o servizo de rehabilitación cardíaca, de chan pélvico e de enfermidades músculo- esqueléticas. As instalacións dispoñerán dunha área de servizo de transporte sanitario con soporte vital básico, espazos comúns, de persoal, administración e arquivo. O edificio contará cun deseño funcional pero tamén esteticamente coidado e integrado na contorna, que segue un esquema sinxelo, con dous patios interiores a modo de claustro nos que se envorcan as zonas de espera e de circulación.
Kommentare