Ecos da Comarca/Xeral
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acusou hoxe ao Goberno central de discriminar a Galicia na asignación de fondos europeos e urxiu ao ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, a que examine o expediente de Altri para que poida obter canto antes os fondos europeos comprometidos.
Lorenzana, que se confesou “absolutamente indignada” con este “castigo” a Galicia, expresábase así logo de que onte, o Consello de Ministros aprobase asignar unha subvención á empresa Cobra Solutions por importe de 150 M€ para a execución dun proxecto de hidróxeno verde (Green Cobra) en Cartagena e Castellón, dentro do Perte de Descarbonización e cuxo investimento ascende a 700 M€.
Publicidade
“Levamos meses esperando que tan sequera o ministro de Industria examine o expediente da empresa portuguesa Altri para solicitar a axuda á UE e, sen embargo, coñecemos que si se están aprobando este tipo de axudas para outras empresas con contías semellantes, 150M€ neste caso para un proxecto de máis de 700 M€ de investimento, cando Altri plantea investir máis de 1.000 M€ en Galicia”, esgrimiu Lorenzana.
Publicidade
Nesta liña, pediu ao ministro de Industria e ao propio presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “que cese dunha vez por toda esta discriminación absurda” a Galicia e aos galegos e galegas que, dixo, “están perdendo oportunidades importantísimas” para o desenvolvemento económico, a xeración de emprego industrial e a calidade de vida".
Comentarios