top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Xunta activa o Plan Transgal para facer fronte a un derrame da carga dun camión en Oroso

Foi necesario empregar o material de excarceración para liberar ao condutor, o cal foi evacuado a bordo da aeronave medicalizada ao hospital


Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta activou o Plan de Protección Civil por accidentes con vehículos de transportes especiais, Transgal, co fin de controlar e xestionar o derrame da carga dun camión en Oroso.

O accidente produciuse pouco antes das 16:30 horas na AP-9, entre o quilómetro 53 e 54, ao seu paso polo concello de Oroso (A Coruña). Nese momento varios particulares contactaban co 112 Galicia para informar dun camión envorcado no que o condutor podería estar atrapado no seu interior. Ademais, segundo a información que proporcionaban estes alertantes, o camión estaba perdendo gran parte da súa carga, que neste caso era gasóleo.

Publicidade

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Oroso e de Santiago, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Oroso.


Unha vez no punto, os bombeiros informan ao 112 Galicia de que foi necesario empregar o material de excarceración para liberar ao condutor do camión, o cal foi evacuado a bordo da aeronave medicalizada ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela en estado grave.


Publicidade

Nestes momentos a situación está controlada e a estrada está aberta. No accidente o camión perdeu uns 5.000 litros de gasóleo, e os equipos de emerxencia están traballando no punto para absorber o líquido que se derramou. O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse ata Oroso para intervir na contención do combustible derramado no accidente. O GALI contribúe cun C.R.G de 1.000 litros para frear o combustible derramado e, a maiores, tamén achegarán unha gran cantidade de panos e mantas absorbentes.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page