top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta activa 20 campamentos e campos de voluntariado na provincia de Pontevedra este verán

Dous deles serán en Lalín e outro en Silleda


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, vén de activar unha vintena de campamentos e campos de voluntariado na provincia de Pontevedra no marco da campaña xuvenil de verán 2021, que contará en toda Galicia con case 8.000 prazas, das que 1.600 correspóndense coa provincia, tras incrementarse nun 15% con respecto ao ano anterior. O departamento autonómico abriu na xornada deste xoves o período de solicitude de praza, que permanecerá aberto durante sete días hábiles no caso dos campamentos e ata dúas xornadas antes do inicio da actividade para os campos de voluntariado. A petición debe formalizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e, entre todos os interesados, sortearanse dez prazas de balde.

Polo demais, esta campaña conta cun reforzo de prazas destinadas á inclusión e

mantéñense os distintos descontos das taxas para familias numerosas ou posuidores do

carné xove, entre outros, aínda que todos os detalles poden consultarse na páxina web


A campaña de verán desenvolverase entre os meses de xullo e setembro e centrarase na

aposta pola conciliación familiar e laboral, a formación biosaudable dos mozos e a

seguridade sanitaria no marco da situación pola covid-19. Así, a Consellería de Política

Social vén de activar un formato axeitado que inclúe a redución dos aforos das actividades, o reforzo do persoal e o incremento das medidas hixiénico-sanitarias.


Oferta na provincia

No caso da oferta da provincia de Pontevedra, haberá un total de nove campamentos, para cativos de 9 a 17 anos, nas Sinas (Vilanova de Arousa), Ponte Maril (Forcarei), Albergue Vicente Agulló (Lalín), FervenzAventura (Silleda) –que é a novidade da presente campaña–, Illa de Ons (Bueu), Concello de Mondariz-Balneario, El Kiriko (Fornelos de Montes), Granxa- Escola Albergue de Tomiño e Residencia de Tempo Libre de Nigrán.


As prazas de inclusión outorgaranse nas dúas primeiras iniciativas a desenvolver no Salnés e na Terra de Montes.


En canto aos campos de voluntariado, orientados a mozos de 18 a 30 anos de idade, serán O Camiño Portugués pola Costa, en Oia; A Illa de San Simón en colaboración coa

Consellería de Cultura; A Terra que Habita no Mar, no Concello do Grove; Salvemos o mar:

Plásticos cero, en Vilanova de Arousa; o campo itinerante Botarse ao Camiño, que rematará

en Santiago; Rural influencers, en Cerdedo-Cotobade; Soutomaior fai Camiño; Tradición en

Verde, en Lalín; A Idade do Bronce, en Campo Lameiro e tamén coa colaboración de

Cultura; e catro quendas para actividades medioambientais nas Illas Cíes, pertencentes ao

Parque Nacional das Illas Atlánticas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page