top of page

A Xunta acomete a mellora viaria de Vistuíde, en Rodeiro, cun investimento de 36.000 euros

Laura Moure/Rodeiro

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de acometer a mellora viaria do lugar de Vistuíde, no Concello de Rodeiro, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) cun investimento de máis de 36.000 euros. Por este motivo, o delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, acompañados doutros membros do goberno local, achegáronse ata a zona para supervisar esta actuación, que foi concedida o pasado mes de febreiro e que permitiu renovar de xeito integral a capa de rodadura de varias pistas desta aldea da parroquia de San Cristovo de Az.

Esta obra enmárcase nos 17 proxectos financiados no marco deste programa da

Consellería do Medio Rural e que foron realizados na provincia de Pontevedra ao longo deste exercicio cunha partida global de 668.182 euros. O Concello de Rodeiro é un municipio eminentemente rural e cun fortísimo peso agrogandeiro, polo que precisa ter as vías, tanto para a mobilidade da veciñanza como para os traballos do campo, nas mellores condicións e por elo conta e seguirá contando co apoio e a colaboración da Xunta de Galicia, explicou o representante autonómico, que agarda que o municipio siga optando ás distintas liñas de axudas autonómicas para modernizar e aumentar servizos na contorna rural.


Ademais, Luis López lembrou que a Consellería do Medio Rural vén de investir máis de

280.000 euros en melloras de camiños no concello de Rodeiro nos tres últimos anos co

Plan Marco para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e co

Plan de Infraestruturas Rurais, que permitiron actuar en lugares como Vilameá, A Lama,

Rañestras, A Puza, Penerbosa, entre outros, e esta derradeira en Vistuíde.


Finalmente, o delegado territorial anunciou que esta contía para pistas municipais do medio rural vaise incrementar outra vez este mesmo ano, xa que veñen de concederse

62.026 euros máis ao abeiro do Plan Marco a falla de que se resolvan outras convocatorias e ordes de axudas similares.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page