A Xunta achega 48.000 euros para a mellora viaria entre Tarríos e Novelúa, en Monterroso
- Laura Moure

- hace 5 días
- 1 Min. de lectura
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dos traballos
realizados, que se executaron con cargo ao Plan de Infraestruturas Rurais deste ano
Laura Moure/Monterroso
A Consellería do Medio Rural destinou un total de 48.100 euros a mellorar a vía que comunica Tarríos e Novelúa, no municipio de Monterroso. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou a zona para comprobar o resultado destes traballos, que se enmarcan no Plan de Infraestruturas Rurais 2025, enfocado a mellorar a accesibilidade nos concellos galegos.

Arias destacou que a intervención facilitará un tránsito máis cómodo e seguro para os
usuarios desta vía de conexión entre varios núcleos de poboación.
A actuación centrouse na renovación do firme nunha lonxitude aproximada de 1,1
quilómetros de camiño, así como na mellora da drenaxe. Tamén se reforzou a sinalización
vertical e horizontal, co fin de garantir unha maior seguridade na circulación.
Publicidade
A Consellería do Medio Rural destina este ano 1,8 millóns de euros a acondicionar
infraestruturas viarias en 25 concellos da provincia de Lugo a través do programa PIR.
Todas as actuacións van dirixidas a desenvolver infraestruturas para favorecer a
mobilidade e mellorar a calidade de vida nas zonas rurais.







Comentarios