As probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas
Laura Moure/Xeral
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das oposicións de educación para este ano 2024, cuxas probas se desenvolverán a partir do 22 de xuño, e que contan con 1.743 prazas. A convocatoria das oposicións de educación para este ano 2024, cuxas probas se desenvolverán a partir do 22 de xuño, e que contan con 1.743 prazas.
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365. Así mesmo, deberá procederse ao pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude. O prazo está aberto ata o 6 de marzo.
Como é habitual, o persoal interino e substituto, que presta servizos no ensino público galego, deberá participar no procedemento selectivo, sempre que se convoquen prazas da súa especialidade, para manter os seus dereitos nas listas.
Publicidade
As probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas e que se publicarán no Portal Educativo. Os requirimentos de titulación para cada un dos corpos, a documentación necesaria, o baremo e todo o procedemento relativo á presentación de solicitudes e posterior desenvolvemento do proceso pode consultarse na convocatoria.
Estabilidade e carreira docente
O obxectivo é consolidar a estabilidade do que é o piar do sistema educativo público, os docentes. Das 1.743 prazas, un total de 1.512, o 86%, son de novo ingreso. Delas, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas.
Publicidade
A maiores, as oposicións permiten ao profesorado avanzar na súa carreira docente. Deste xeito, as 231 prazas restante son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).
A distribución das prazas por especialidades é a reflectida no seguinte enlace:
Comentarios