top of page
Perruquería Marisa.gif

A xornalista Laura Moure dá unha charla e un taller no CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces

Esta actividade levouse a cabo con motivo da Semana da Prensa


Laura Moure/Vila de Cruces

Este venres esta servidora tivo o gran pracer de desfrutar da compañía do alumnado e de parte dos mestres do CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces. Fun convidada, con motivo da Semana da Prensa, para falarlle da miña profesión: O xornalismo.

O alumando de cuarto, quinto e sexto de Primaria recibiume no salón de actos. E alí baixo a atenta mirada expliqueilles as distintas funcionalidades que ten o xornalismo; falamos dos xéneros xornalísticos, algo do que xa aprenden nas clases e do que xa saben moito; da importancia das fontes informativas ou do auxe do xornalismo dixital, contando a experiencia de ECOS DA COMARCA.


Foi un encontro marabilloso, onde non faltou a interacción e onde lles contei algunha que outra anécdota graciosa do meu traballo, que queda entre nós!

Despois desta charla, en compañía duns 45 deses alumnos trasladábamos á biblioteca do centro educativo. Estes rapaces están levando a cabo unha gran iniciativa: un club de xornalistas, co que empezaron este curso. Só hai que ver o vídeo que fixeron por San Valentín, para saber o moito e o ben que traballan! Podedes velo na web do colexio.


Fixemos un taller sobre distintas temáticas xornalísticas e estamos argallando unha colaboración que vos desvelaremos en vindeiras semanas!! Estade moi atentos porque isto promete!


Gracias por acollerme tan ben!


278 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page