top of page

A xincana segreda de Nadal volta ás rúas e comercios de Silleda o vindeiro 2 de xaneiro

As inscricións para participar nesta actividade familiar están xa abertas ata o día 29


Laura Moure/Silleda

O programa de Nadal de Silleda acollerá este ano novamente unha Xincana Segreda, que terá lugar o luns día 2 de xaneiro pola tarde. Esta actividade está dirixida ao público familiar e a participación será por equipos, cun máximo de 8 persoas participantes, a partir dos 6 anos (requiríndose sempre a presenza dunha persoa adulta en cada grupo).

Para participar, é preciso inscribirse previamente. A inscrición está xa aberta no Centro Social de Silleda, ou chamando ao 986 592 037.

Os equipos, aos que se asignará unha hora de saída, partirán dende o propio Centro Social de Silleda percorrendo o centro da vila, con probas e pistas tanto en comercios como en distintos puntos, interactuando tamén coa xente da rúa. Con esta actividade continúase apostando por dinamizar as rúas e fomentar a participación das familias no programa.


Será a primeira das actividades do ano 2023, que terá á Cabalgata de Reis do día 5 como unha das grandes actividades da programación.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page