top of page

A XIII Carreira do Cocido suma xa máis de 600 inscritos e contará cun sorteo dun vale de gasóleo

Este farase durante a entrega de premios e estará valorado no peso da persoa gañadora


Ecos da Comarca/Lalín

O Club Escola Atletismo Deza, co apoio do Concello de Lalín, continúa coa organización da XIII Carreira do Cocido, que terá lugar o vindeiro 5 de marzo e xa suma máis de 600 inscritos. Coma todos os anos, conta con dous circuítos, 5k e 10k, ademais dos escolares. A cita dará comezo ás 10:50 horas na Praza de Galicia coa carreira de capacidades especiais; logo as 11:00 será a de 5 k e 5 minutos despois a de 10 k. A entrega de premios será ás 12:15 horas e ás 13:00 horas arrancarán as escolares.


Dende a organización chaman a anticipación para a recollida de dorsais e evitar aglomeración, e lembran que as inscricións pecharanse o vindeiro xoves, 2 de marzo.

Entre as novidades que ofrece esta edición, destaca a posibilidade de que as persoas que

participen e acompañantes das mesmas poderán degustar un cocido por un prezo de 20 euros. Os restaurantes nos que poden reservar son Hotel Pontiñas, Hotel Restaurante Villanueva, Onda Antonio, A Estación e restaurante María José de Bendoiro, que se uniu nas últimas semanas. Cando realizan as súas inscricións teñen dispoñible toda a información de cada un dos establecementos para realizar a súa reserva e só teñen que indicar que son participantes da carreira e levar o seu dorsal ou algo que certifique que se inscribiron.


Así mesmo, por primeira vez levarase a cabo un sorteo. Cando se realice a entrega de premios, entre todas as persoas que teñan un dorsal farase un sorteo dun vale de gasóleo que agasalla Estación de Servizo Repsol Campos. A persoa que saia no sorteo terá que subir ao podio, presentar o DNI e pesarse ante as persoas asistentes no momento e o seu peso será a cantidade de litros que levará.


Este ano volve a deportista galega recoñecida Julia Vaquero Sousa, que xa estivo o pasado ano e se levou a vitoria, para correr a distancia de 5 k. Esta deportista de A Guarda está especializada nas probas de distancia longa e campo a través e dende o ano 1996 posúe o récord de España dos 5000 m cunha marca de 14:44:95.

"Dende o Club facemos un último chamamento a aquelas persoas que queiran colaborar na organización do evento que só teñen que poñerse en contacto con calquera membro do Club a través das redes sociais ou no teléfono de Nacho Castro (623189677) e tamén contamos cun formulario directo

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdKnze86xkXEuDkDkRpY5odG387yA2lHTws2ELfzStcTRuskg/viewform?vc=0&c=0&w=1&flr=0 "


O clube sinala que para unha mellor organización da cita é importante contar cun bo número de persoas que se poñan nos diferentes puntos da carreira, no reparto dos dorsais e demais tarefas que leva a cita. "Ademais disto, mantéñense os servizos de gardarroupas, que estará xunto a retirada de dorsais; de duchas, que estarán dispoñibles no Lalín Arena, e de monitorado, no que persoal de Eduvía ofrecerá actividades para a cativada".


Este é o enlace para a inscrición: https://carreiradococido.ccnorte.com/


NOTICIAS RELACIONADAS:




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page