top of page

A XII Romaría da Fervenza celebrarase o vindeiro 2 de agosto en Escuadro, Silleda

A cita incluirá música tradicional, gastronomía e posta en valor do patrimonio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acolleu onte a presentación da XII Romaría da Fervenza, que se celebrará o vindeiro domingo 2 de agosto na parroquia de Escuadro, consolidándose como unha das citas máis destacadas do verán no municipio. A Romaría da Fervenza volverá reunir centos de persoas arredor da música tradicional, da gastronomía e da convivencia nun enclave natural de gran valor como é a Fervenza de Escuadro.

Nesta duodécima edición participarán sete agrupacións de música tradicional galega:

  • Agrupación Acordeóns Lalín

  • Lume na Lareira (A Estrada)

  •  Grupo de Gaitas Repenicando (Lalín)

  •  Gaiteiros Os Pereiriños (A Estrada)

  •  Pandereteiras Ponte da Prata (Lalín)

  •  Pau de Buxo (Silleda)

  •  O Son da Fervenza (Escuadro), como grupo anfitrión.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A celebración contará tamén co tradicional Menú A Fartar, cun prezo de 28 euros para persoas adultas e 10 euros para menores de ata 10 anos. As entradas xa están á venta en Maripepa (Silleda), A Devesa (Graba), Taberna de Graba, Dama do Río (O Foxo), Mesón C&L (San Fiz) e Café Bar Atly (A Bandeira). A organización lembra que a reserva previa é obrigatoria e poderá realizarse ata o 29 de xullo.


A programación completarase coa Xuntanza de Cabaleiros, ademais de servizo de pulpería, xantar a cargo de Mesón a Roda e bar atendido por Rey de Moreira.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desde o Concello de Silleda destacouse o traballo realizado pola organización para manter viva esta romaría, que cada ano contribúe á promoción da cultura tradicional galega, á dinamización da parroquia de Escuadro e á posta en valor dun dos espazos naturais máis singulares do municipio.


O Concello anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta nova edición da Romaría da Fervenza e a gozar dunha xornada de música, tradición e convivencia nunha contorna privilexiada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page