A Xanela do Maxín presenta a obra 'A Gárgola do Mestre Mateo' este domingo 27 en Toques
O acto completarase coa música tradicional de o grupo O Balado
Laura Moure/Toques
Este domingo 27 de xuño terá lugar no Aula da Natureza de Toques a representación teatral A Gárgola do Mestre Mateo a cargo da agrupación A Xanela do Maxín. A entrada será de balde e en función da metereoloxía será no interior ou no exterior. Será as 12:30 horas e deberase reservar a través do teléfono 981 505 826.
O cartel promocional foi seleccionado tras un concurso no que participaron os nenos e nenas do CEIP de Toques.

Tamén haberá lugar para a música tradicional e folclore a cargo de O Balado.