Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A voda dos cruceños Tania Arias e Toño Mosquera anúnciase por todo o alto!

Unha enorme pancarta faise eco deste enlace matrimonial en pleno centro da localidade


Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces

Calquera que visite estes días a localidade de Vila de Cruces queda máis que enterado do enlace matrimonial de dous veciños do municipio, Tania Arias e Toño Mosquera. A voda será o 28 de agosto, porque despois de varias cancelacións por mor da pandemia, o día xa está á volta da esquina. Xa din que o bo se fai agardar!


Os amigos do noivo son os artífices desta enorme e chistosa pancarta onde se pode ler: Moita rubia galega, pero o carniceiro vaise coa morena. Porque tanto Tania como Toño son moi coñecidos porque ademais, el rexenta a Carnicería Mosquera da localidade, de aí a frase ideada polos amigos.

A pancarta que loce no centro de Vila de Cruces.


Dende ECOS DA COMARCA desexámoslle todo o mellor a esta parella, que ademais, son AMIGOS e coñecemos de cerca esta bonita historia de amor. Sabemos que tedes todo para ser a parella perfecta e o día 28 estaremos desfrutando con vós do voso día!


Posdata: As amigas tamén fixemos pancarta!!



729 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE