top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A vila da Bandeira, en Silleda, contará cun velatorio

A empresa Pompas Fúnebres S.L xa conta ca pertinente licencia para executar as obras necesarias nun edificio da rúa Xeral


Ecos da Comarca/Silleda

A Xunta de Goberno Local do Concello de Silleda vén de aprobar a concesión de licencia para a rehabilitación e ampliación de edificación para sala velatorio no edificio situado na rúa Xeral 31 da vila de Bandeira. O permiso outorgouse despois de ter recibido informe favorable para a súa construcción a través dunha Entidade de Certificación de Conformidad Municipal (ECCOM).

A empresa promotora dos traballos de rehabilitación, que se desenvolverán nunha construción tradicional de planta baixa e primera, é Pompas Fúnebres S.L., entidade do sector funerario que desenvolverá a súa actividade en ámbalas dúas plantas da edificación. Para a dotación deste servizo, segundo recolle o proxecto, levaránse a cabo obras de reforzo das estruturas, de ampliación do volumen ata o fondo máximo permitido, e a instalación dun ascensor.


As obras, que se autorizan no marco do PXOM de Silleda e caas autorización necesarias da Xunta de Galicia pola afección do inmoble sobre o Camiño de Santiago, terán un orzamento de execución de 436.573,13 euros.


A superficie total das instalacións supera os 300 metros cadrados, ubicándose a sala velatorio na planta baixa, na que tamén estarán as dependencias complementarias e zonas de vestíbulos e espazos privados. Na planta alta situarase un espazo de uso público único, un bloque de aseos e as oficinas. No fondo de parcela instalarase a zona de aparcamento


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Sobre a tramitación da licencia

A licenza deste velatorio foi concedida logo de terse recibido no Concello de Silleda a correspondente solicitude de permiso urbanístico acompañada dunha certificación de conformidade (ECCOM), polo que os informes técnicos e xurídicos municipais pasaron a ser facultativos e non preceptivos.


As ECCOM son entidades rexistradas como tal no rexistro da comunidade autónoma, que

desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal, para o outorgamento de comunicacións previas de obras ou de licenzas municipais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Tratase dun mecanismo para axilizar as licencias municipais de novas construccións ou ampliacións de empresas no marco da Lei 9/2013 de Emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page