top of page
Foto del escritorLaura Moure

A vila da Bandeira celebra hoxe a segunda edición do Recuncar cunha gran comida, bingo e actuacións

A cita trasladarase ao pavillón municipal por mor das tormentas


Laura Moure/Silleda

As tormentas que se esperan para esta xornada de sábado non impedirán a celebración da segunda edición do Recuncar da Bandeira, que se trasladará ao Pavillón Municipal de xeito íntegro para evitar molladuras que parecen tornarse inevitables, tal e como anunciou onte a Asociación Amigos da Empanada da Bandeira.

A xornada comezará ás 12:00 horas con xogos tradicionais para as crianzas do pobo da man do colectivo Sororas. A esta mesma hora, os grupos tradicionais Xirandola (A Bandeira) e Punteirolo (Vila de Cruces) amenizarán o inicio do evento. Unha vez rematadas as actuacións musicais será o momento do Pregón da Vila, no que Pepe Ayude será a persoa encargada de recoller a testemuña de José Casal nun novo recoñecemento que busca homenaxear a aqueles veciños e veciñas que presentan unha grande vinculación e compromiso coa vila da Bandeira, colaborando no seu progreso e dinamización cultural.


Unha vez finalice a lectura do pegón, a plataforma Non ao vertedoiro de Campomarzo lerá un manifesto e procederá a unha recollida de sinaturas entre as persoas asistentes ao evento. Tras o manifesto, será Pachi Show o que devolva a celebración ao pavillón cunha sesión vermú que fará vibrar unha vez máis o pobo da empanada.


Ás 15:00 horas dará comezo a gran comida popular que terá como menú empanada, ensaladilla, carne guisada con patacas, postre, café e bebida. Ao finalizar o xantar está previsto a realización dun bingo especial que estará aberto tamén para aquelas persoas que non asistan á comida. Serán un total de tres bingos especiais que contan con premios de primeiro nivel doados polo comercio local como son unha televisión smart TV de 40 pulgadas, unha alexa, unha empanada da galardoada Lola Sangiao, un xamón, queixos, botellas de viño, unha malla de mexillóns de 5 kg, chuletóns de vaca vella, un maletín de ferramentas, comidas ou fariña de O Muíño de Cuíña.

A troula non cesará xa que a recentemente creada charanga local Os Empanaos amenizarán a tarde xunto cunha posterior sesión karaoke. Pola noite, Pachi Show e os Djs Xavi Villar e Cid manterán a festa ata altas horas da madrugada cos máis diversos estilos musicais.




0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page