Terá un percorrido en circuíto de 11,2 quilómetros, que discorre integramente por este concello
Laura Moure/Touro

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu esta mañá a reunión da xunta de seguridade que ultimou o operativo que será o encargado de velar pola seguridade na VII edición do RallyMix de Touro que se disputará esta fin de semana, o 4 e 5 de maio. Na reunión estivo presente o alcalde de Touro, Roberto Castro, tamén asistiron as persoas responsables da organización da proba, así como representantes de Garda Civil, Subsector de Tráfico, Xefatura provincial de Tráfico, policías locais, Protección Civil e da Federación Galega de Automobilismo.
A subdelegada quixo facer un chamamento para que “todas as persoas que asistan sexan respectuosas coa sinalización, cumpran coas indicacións do persoal que se ocupará da seguridade da proba e, no caso das e dos espectadores, a que se manteñan sempre dentro dos espazos delimitados para o público”.
Publicidade
De igual maneira, instou á toda a organización do RallyMix e aos corredores e corredoras, para que extremen as precaucións para que todo desenvólvase con total seguridade. O RallyMix de Touro é a primeira das probas do campionato galego desta categoría, celebrarase os días 4 e 5 de maio, conta con 90 coches rexistrados nas distintas categorías e terá un percorrido en circuíto de 11,2 quilómetros, que discorre integramente no concello de Touro.
Horarios e máis información do rali no enlace:
Comments