top of page

A vicepresidenta Luisa Sánchez reúnese coa Asociación de Empresarios de Deza

Aproveitou para poñer en valor o traballo desenvolvido pola entidade


Ecos da Comarca/Lalín

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantivo un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Empresarios de Deza (AEDEZA).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na xuntanza, na que a vicepresidenta provincial aproveitou para poñer en valor o traballo desenvolvido pola entidade a prol dos empresarios desta comarca pontevedresa, analizáronse as diferentes vías de colaboración para poñer en marcha iniciativas conxuntas e establecer sinerxías entre ambas entidades.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) é unha organización independente e sen ánimo de lucro creada en 1993 co cometido principal de defender os intereses conxuntos dos seus asociados e asociadas, fundamentalmente empresas e autónomos procedentes dos seis concellos da Comarca de Deza e doutros municipios da contorna. Na actualidade, a AEDEZA aglutina a 365 asociados/as que operan en 27 subsectores de actividade. Máis información no enlace: https://aedeza.gal/

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page