A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co Desafío San Miguel, este domingo en Monterroso
- ecosdacomarca
- 14 sept 2024
- 1 Min. de lectura
A proba ciclista espera reunir na capital da Ulloa a preto de 200 corredores
Ecos da Comarca/Monterroso
Monterroso acollerá este domingo -15 de setembro – a sétima edición do Desafío San Miguel, organizada polo Club Ciclista San Miguel coa colaboración do Concello de Monterroso e a área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada Iria Castro achegouse ata Monterroso para coñecer os detalles desta ruta cicloturista que ten como obxectivos o fomento da actividade física e a promoción do territorio en que se desenvolve, camiños e sendeiros da Comarca da Ulloa e da Ribeira Sacra, achegando ás persoas participantes os seus recursos naturais e culturais.
Publicidade
A proba, con saída e chegada na Cúpula, ofrece dúas modalidades de participación: unha ruta longa -de 52 quilometros – e unha ruta curta -de 36 quilómetros-. A saída será ás 9.30 para os dous percorridos.
Publicidade
NOTICIA RELACIONADA:
O Concello de Monterroso colabora co ‘VII Desafío San Miguel 2024’ que terá lugar o 15 de setembro: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-monterroso-colabora-co-vii-desaf%C3%ADo-san-miguel-2024-que-ter%C3%A1-lugar-o-15-de-setembro
Comments