É gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente
Ecos da Comarca/Monterroso
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o día 23 de novembro, sábado, vaise a realizar a VI Andaina contra a Violencia de Xénero dende Palas ao Castelo de Pambre, unha actividade colectiva na que se pretende misturar deporte e solidaridade, así como visibilizar dito problema social e manifestar a implicación e compromiso deste Concello na loita contra o mesmo.

As persoas participantes saíran as 11:00 horas diante do Concello de Palas de Rei, na Avenida de Compostela, nº 28, e percorrerán os 8 quilómetros que separan a Praza do Concello do Castelo de Pambre pasando polas parroquias do Carballal, Curbian, A Ulloa e Sambreixo, para rematar no Castelo de Pambre, emblema deste pobo e da comarca da Ulloa, co lema Non máis Violencia contra as Mulleres, "co que se pretende denunciar a violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións, amosar a nosa repulsa e rexeitamento contra esta lacra social e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respeto e a igualdade entre homes e mulleres", sinala o Concello palense.
Publicidade
Dende o CIM de Palas, anímase a participación cidadá, tanto de asociacións, colectivos, como de toda a veciñanza, non só deste municipio, senón que tamen doutros concellos, a que se unan a esta andaina reivindicativa, o día 23 de novembro en Palas de Rei. Os participantes deberán inscribirse previamente na dependencias do Concello ou no Centro de Información a Muller de Palas. A inscrición é gratuita. (CIM 982 380 003/Cultura 629 324 528).
Unha vez concluída a andaina no Castelo de Pambre, a organización dispón, de transporte gratuito que trasladará aos participantes ao punto de inicio da andaina, esto é, diante do Consistorio. "Este ano contamos como socio colaborador desta andaina ao grupo empresarial Jim Sport, sita en Palas de Rei, expresando así o seu compromiso co deporte e coa igualdade e que suma os seus esforzos na consecución do logro dunha sociedade libre de violencia de xénero", subliña o Concello.
Comments