top of page

A verbena volve desfrutarse de pé en Monterroso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A orquestra Los Players actuaron nas festas do San Miguel onde se aplicou o novo protocolo Covid


Laura Moure/Monterroso

Estamos desexando volver a desfrutar das verbenas galegas con todo o seu esplendor. O coronavirus chegou con forza poñendo todo patas arriba e privándonos de múltiples cousas, entre elas as romarías. Pouco a pouco, e con moita precaución, estamos volvendo á tan ansiada "normalidade". E tamén no mundo das verbenas empezaron a sonar paseniñamente os primeiros acordes. Este mércores celebrouse en Monterroso a primeira festa da contorna onde a xente puido estar de pé, e non sentada, como se estivo facendo ao longo deste verán, seguindo así o novo protocolo Covid.


O concerto foi en sesión de tarde, a partir das sete. Actuou a orquestra Los Players dentro da programación das festas na honra a San Miguel que este ano foron asumidas e organizadas pola Concello de Monterroso e contaron coa colaboración de Escala Espectáculos. "Ao ser a festa de pé a xente viviuna con moita ilusión porque se podía bailar", indica Juan Núñez, de Escala Espectáculo, quen sinala que "houbo unhas 700 persoas".


Sen dúbida, esta festa foi un sopro de esperanza para o sector das orquestras e tamén para os amantes destas. "A verdade que estivo todo moi ben e foi marabilloso volver ter esa sensación de estar nunha festa de pé", indica Santi Iglesias, un veciño de Monterroso que estivo presente. Tamén hai máis dun que demanda que dentro deste novo protocolo sexa posible que comecen algo máis tarde, porque se é pola semana, non todos poden asistir.

Núñez coa alcaldesa e o edil de Cultura de Monterroso e o seu compañeiro de Escala Espectáculos.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page