top of page

A veciñanza do Pino pode solicitar a rebaixa do IBI de explotacións gandeiras, agrarias e forestais

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A solicitude debe presentarse xunto cunha declaracións responsable no rexistro do Concello ou por sede electrónica


Laura Moure/O Pino

O Concello de O Pino ten xa preparado o formulario de solicitude para que todas as persoas titulares de explotacións gandeiras, agrarias e forestais poida solicitar a bonificación do 95% da cota íntegra do IBI (contribución) destas instalacións. A solicitude debe ir acompañada dunha declaración responsable.

Os titulares das explotacións deben solicitarlle ao Concello que declaren estas construcións, edificacións e instalacións de especial interese ou utilidade municipal, o que implicará a bonificación do 95% da cota íntegra do recibo da contribución. A veciñanza pode solicitar estas rebaixa con efectos de 1 de xaneiro de 2021, polo que xa se beneficiarán do desconto este ano.


Esta bonificación é posible despois do acordo plenario do 30 de setembro de 2020, que fora presentada polo equipo de goberno e aprobouse por unanimidade dos tres grupos políticos da Corporación. Nesa sesión acordouse modificar o artigo 4 da ordenanza reguladora do IBI.


O único requisito para poder ter dereito a esta rebaixa é que a totalidade das construcións, edificacións ou instalacións para as que se pide a bonificación estean dedicadas, total e exclusivamente, á actividade agraria, gandeira ou forestal.


A solicitude pode descargarse no documento adxunto. Unha vez cuberta deberá presentarse no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica de O Pino.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page