top of page

A veciña de Dozón Tamara García, Mellor Trailrunner de Galicia 2025

O cruceño Emilio Montilla recolle o premio ó líder classic m55


Ecos da Comarca/Dozón/Cruces

A veciña de Dozón e deportista do CD Biosbardo,Tamara García, foi premiada na Gala Anual de Trailrunning da Federación Galega de Atletismo como a mellor atleta co premio especial á competitividade 2025.

Tamara García recollendo o premio.
Tamara García recollendo o premio.

"Tamara é a vixente campioa galega de trailrunning en distancia ultra, liderou o ranking

da modalidade Vertical, está de no 2 en classic e foi a primeira galega nos campionatos de

españa individuais. O xurado da FGA tamén valorou a súa reaparición despois de lesionarse durante o campionato de federacións, en Ibiza", destaca o club.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


"A maiores a nova deportista do CD Biosbardo, Charo Figueroa, conseguíu o galardón

como líder do Ranking Maratón". Mentres, o cruceño Emilio Montilla logrou o premio ó lider classic m55.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pola súa banda, os atletas Fico Losada e Marcos Pascual, recollían os galardóns da tempada 2025, os cales pasarán a integrar as filas do club Castro Trail nesta tempada. "O agradecemento desta entidade ó seu traballo non é mesurable".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, o club sinala que "o teatro principal de Ourense tamén recibía outra distinción para este club xa que Iván Sangiao, actual responsable galego da FGA da especialidade

recibía de mans do presidente un recoñecemento especial á súa traxectoria".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page