A veciña de Dozón Tamara García formará parte da Selección Galega de Atletismo
- ecosdacomarca
- 10 abr
- 2 Min. de lectura
O CD Biosbardo aporta 3 corredores ó equipo da Selección Absoluta de Trail que presenta a Federación Galega de Atletismo no campionato de España por Seleccións
Ecos da Comarca/Dozón
Esta semana o CD Biosbardo dá un paso máis aportando 3 corredores ó equipo da Selección Absoluta de Trail que presenta a Federación Galega de Atletismo no campionato de España por Seleccións. Entre eles está a veciña de Dozón, Tamara García.
É unha terceira parte do equipo absoluto, sendo tamén o combinado con máis deportistas en total na selección galega, o que pon de relevo o traballo que este club está a facer dentro da modalidade, donde somos os actuais campións por equipos de Galicia.

TAMARA GARCÍA, VECIÑA DE DOZÓN
"Cociñada a súa presenza na selección a golpe de resultados, a nosa atleta, gañadora de carreiras de relieve como o Trail Costa da Morte ou recentemente o Trail Terras de Burón obtén así a xusta recompensa á súa regularidade como Nº3 do ranking galego. Será a segunda experiencia nunha cita nacional despois de debutar en 2024 no campionato de España individual de carreiras de montaña, en Candelada (Ávila)"
FEDERICO LOSADA, OURENSÁN
"Despois de meses como Nº1 do ranking e actualmente na segunda praza, tamén cunha tempada moi regular, repite como integrante da Selección Galega despois de debutar en 2024 como parte do combinado. Federico caracterízase por ser un corredor moi combativo, estratéxico e un claro especialista na distancia “classic” como a que terá o campionato".
MARCOS PASCUAL, OURENSÁN DE ORIXE E RESIDE EN SANXEXO
"Debuta dentro da selección galega, sendo especialista en distancias máis longas. Marcos Pascual acadou o seu billete despois dun final de ano e inicio de tempada apaixoantes, sendo un dos habituais dos podios nas probas por toda a xeografía galega. Actualmente é o nº 5 do ranking galego estando tamén nos postos altos na distancia “maratón”, na que é especialista".
Publicidade
O combinado estará dirixido polo tamén integrante do equipo Iván Sangiao, máximo responsable federativo que lidera a expedición galega a Ibiza. Serán un total de 28 quilómetros e máis de 1.600 metros de desnivel positivo os que percorran os atletas desde Port Sant Miquel ata a Cala Aufera, punto de retorno do evento.
A pesares de desputarse nunha illa mediterránea o percorrido é considerado técnico e de dificultade moderada ainda que conta con tramos rápidos nos puntos de intersección.
Comments