Ecos da Comarca/Deza
A pasada fin de semana un total de 22 atletas do CD Biosbardo participaron nas probas oficiais galegas, dominada por dúas das súas corredoras, entre elas a veciña de Dozón Tamara García.
TRAIL TERRAS DE BURÓN
A tempada oficial de trailrunning daba o pistoletazo de saída esta fin de semana no Trail Terras de Burón donde estivemos presentes cun total de 22 deportistas nas 3 distancias da proba.

TAMARA GARCÍA E ALBA REY VENCEDORAS ABSOLUTAS
"As nosas atletas dominaron a distancia de 30k coa vitoria de Tamara García (veciña de Dozón) e a distancia de 18k coa vitoria de Alba Rey. A clasificación do trail de 30k propicia que Tamara suba á 3ª praza absoluta no ranking galego ó tempo que consolida nos postos altos a Federico Losada e Marcos Pascual, de cara a representar a selección galega no vindeiro campionato de España, no mes de abril".
Publicidade
CRÓNICA POR DISTANCIAS
No maratón estaban Iván Sangiao, Jonathan Pérez e Eneko Hurtado, que completaban os 40 km e 2.200 metros de desnivel como 4º, 21º e 57º respectivamente No Trail, que puntuaba para a selección Galega destacou a participación feminina con Tamara García 1a absoluta, seguida por Fanny Abelenda 7ª , Tere Dieste 13ª. Xa no cadro masculino Fico entraba 5º en meta e 1º veterán, seguido de Marcos Pascual 9o, Fran Pascual 21o, Iván
Barca 26º, Emilio Montilla 45º, Juanmy Fdz 99º.
No Trailiño, dominado por Alba Rey entraban despois Vanessa 16ª mentres que os rapaces chegarían David Dominguez 13º, Jaco Rodríguez 18º, Jose Voces 25º, Jose Vázquez 34º, Miguel Voces 64º, Fran Sobrado 101º, Manu Porto 135º, Roberto González 152º.
Comments