top of page

A veciña de Dozón Tamara García logra a 3ª posición senior no Campionato de Galicia de Media Maratón

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O cruceño Emilio Montilla tamén alcanzou un bo resultado


Ecos da Comarca/Xeral

Este domingo, desputouse en Vilagarcía de Arousa o Campionato de Galicia de Media Maratón, marcado por unhas condicións climatolóxicas con rachas de vento que non facilitaban ritmos moi altos de carreira, polo que obter marcas persoais non era factible. Aínda así os corredores do Club Deportivo Biosbardo, con representación dezá, deron o mellor de si.

"O equipo masculino saíu a por todas. Sen medo, valentes, o quinteto formado por Fico (Federico) Losada, Borja Varela, Emilio Montilla (Vila de Cruces), Iván Sangiao e Eneko Hurtado saíu a polo podio. Cunha estratexia ben plantexada, Federico mantíñase en postos altos mentres un pouco máis atrás Borja e “Milo” avanzaban postos segundo pasaban os quilómetros, a pesares das duras condicións. Finalmente, Federico Losada finalizaría como 3º de Galicia en M45 cun tempo de 1h18’15’’. Pola súa banda o equipo masculino quedaríase ás portas do podio, entrando Borja Varela 1h18’45’’ e Emilio Montilla 1h20’09’’ nun puño para computar como os 3 primeiros atletas do equipo, a moi poucos minutos da 3ª praza na clasificación de clubs. Sen dúbida, un esforzo brutal o dos nosos atletas", recalca o club.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Na carreira feminina, nesta ocasión non presentou o equipo completo dada a complexidade do calendario. "Pola súa banda Tamara García (Dozón) faríase coa

3ª posición senior cun tempo de 1h 33’".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page