Ecos da Comarca/O Pino
A veciña de Arca Sofía Pérez Otero, de 11 anos, proclamouse esta sábado campioa galega de salto de altura no Campionato da Xunta de Galicia das categorías sub-10, sub-12 e sub-14 que se disputou na pista cuberta de Expourense, tal e como informa o Concello de O Pino. Convértese así na nova campio galega de salto de altura con só 11 anos.

"Sofía deixou o listón en 1,34 metros gañando a medalla de ouro e colocándose primeira no ránking galego de salto de altura. Parabéns!", sinala o Concello a través das súas redes sociais.
Neste enlace podedes ver o vídeo, publicado polo Concello, do salto gañador. Parabéns tamén dende ECOS DA COMARCA!
Comments